Guerra cadaver from Condenados by 𝖀𝕽𝕮𝕺
Tracklist
| 4. | Guerra cadaver | 5:08 |
Lyrics
Aquí hai homes que preparan unha guerra sosegada
Ante mesas aborrecidas de papeis macilentos
De mans cegas a calquera utilidade
De virus estrategas entre tanta rotina
O vento cheira a cadáver
A víctima diaria da harmonía universal
A apocalíptico vertedoiro
Antes de sementar nas nosas almas vencidas
Unha canción sen memoria
Unha guerra soa sempre
Aínda dende moi lonxe
Un estertor terminante
Ven procurar os cristais da Cidade
Que se despide continuamente de si mesma
Ecos desde lugares extremos
Case sen son, ecos secos tan secos
Que dificilmente sentencian a súa propia morte
Xorda como muller nos seus últimos vestidos
O vento cheira a cadáver
A víctima diaria da harmonía universal
A apocalíptico vertedoiro
Antes de sementar nas nosas almas vencidas
Unha canción sen memoria
Unha guerra soa sempre
Aínda desde moi lonxe
Un estertor terminante
Ven procurar os cristais da Cidade
Que se despide continuamente de si mesma
Nos domingos tranquilos
cando a paz aborrece a espera
Nunca vin tanto silencio belixerante
mordendo a destrución de tantos nomes
O vento cheira a cadáver
A vïctima diaria da harmonía universal
A apocalíptico vertedoiro
Antes de sementar nas nosas almas vencidas
Unha canción sen memoria
Unha guerra soa sempre
Aínda desde moi lonxe
Un estertor terminante
Ven procurar os cristais da Cidade
Que se despide continuamente de si mesma
Os nenos, de cóbados na xanela,
Enfrontaban a história inconscientes,
Nun palpebrexo tan veloz como a infancia.
Pero aínda hai un cambio posíbel que se reserva no bolso,
Un remanente da derrota, para mirar arredor.
O vento cheira a cadáver
A víctima diaria da harmonía universal
A apocalíptico vertedoiro
Antes de sementar nas nosas almas vencidas
Unha canción sen memoria
Unha guerra soa sempre
Aínda desde moi lonxe
Un estertor terminante
Ven procurar os cristais da Cidade
Que se despide continuamente de si mesma
Adaptación L.Villalta
Credits
L. Villalta








