🔗 ⚙️

Troca from Zuna by Traboute

Tracklist
2.Troca3:37
Lyrics

Sorprendín ó pensamento dando
voltas sen saber moi ben
como, cando ou onde se detivo
ben seguro que ocorreu

Sei quen son, nunca me xulgues por ter razón

Estraguei parte da miña vida
dubidando se o facer
como pode ser que non me vira
morto antes de morrer

Hei chegar inda que teña que ir sen ti

Renacer das cinzas, sabia decisión, todo o bo que veña é bo
desbotar de certo tanta represión, nunca quixen ser temor

Querer é poder, hoxe cambia
non se detén, desta volta gaño eu

Ver outro amencer, mudando de pel
querendo medrar, boteime a correr

Querer é poder

Renacer das cinzas, sabia decisión, todo o bo que veña é bo
desbotar de certo tanta represión, nunca quixen ser temor

Sorprendín ó pensamento dando
voltas sen saber moi ben
como, cando ou onde se detivo
ben seguro que ocorreu

Hei chegar inda que teña que ir sen ti

Credits
from Zuna, released September 1, 2008
Música e letra: Ramón Sánchez
LicenseCC BY-NC-ND 3.0. See the Creative Commons website for details.
Tags
Recommendations