Pouca from Flúe by Traboute
Tracklist
| 8. | Pouca | 3:40 |
Lyrics
Conservo o don de escorrentar do meu carón
a todo aquel que me fai mal
sen importar se quedo ben ou menos ben, tanto me ten
O teu sermón faise eterno, deixa de darme consellos
nada cambiou neste tempo, nada
Destinado a estar enraizado coas ideas que me fan libre
contraveño todas as normas, as escritas e as invisibles
Resúltame irónica a situación
non sei moi ben por que pensei que eras mellor
o que foi Un agora xa partiu en Dous
E no silencio marmulas frases e frases gastadas
que de ti non esperaba, nunca
Pensabas que bastaba só con agardar
Pensabas que ía esquecer e claudicar
Descártote polo que fas non por quen es
punto e final dunha tensión sen resolver
endémica demostración de proceder
E do silencio rescato frases que tiña esquecidas
e que hoxe cobran sentido, hoxe
Destinado a estar enraizado coas ideas que me fan libre
contraveño todas as normas, as escritas e as invisibles
Credits
Música e letra: Ramón Sánchez








