🔗 ⚙️

Disque from Flúe by Traboute

Tracklist
3.Disque4:10
Lyrics

Espido boto a camiñar, nin frío nin calor
a lúa vólvese anunciar, veñen os voitres
Principio de acción-reacción, presaxio dun final
o viño que se derramou, estaba podre

Días en branco fannos escravos, deixan á sombra vidas revoltas

É triste espertar e ter que ver que todo o meu esforzo se perdeu
É triste espertar e ter que ver que a confianza se volveu romper

Non pidas unha explicación, se non queres oír
dicíndome que es mellor, entre responsos
Non suma nunca a división, so dá pra repartir
Quedoume claro que estraguei, o tempo todo

Días en branco fannos escravos, deixan á sombra vidas revoltas

É triste espertar e ter que ver que todo o meu esforzo se perdeu
É triste espertar e ter que ver que a confianza se volveu romper

Pensei que era un bo sitio onde acabar
carguei con todo o peso sen dubidar
e vin que non se avanza mirando atrás

Días en branco fannos escravos, deixan á sombra vidas revoltas

É triste espertar e ter que ver que todo o meu esforzo se perdeu
É triste espertar e ter que ver que a confianza se volveu romper

Credits
from Flúe, released February 19, 2016
Música e letra: Ramón Sánchez
LicenseCC BY-NC-ND 3.0. See the Creative Commons website for details.
Tags
Recommendations