🔗 ⚙️

Saudade sempre by Cibrán

Tracklist
1.Agradecido1:40
2.A idade estúpida2:15
3.7931:57
4.Teño o síndrome do inspector2:46
5.Un momento2:05
6.O mundo do motor3:15
7.Canción para Esposa2:27
8.Turismo de Galicia2:50
9.Catro anos máis2:16
10.Neno1:36
11.Flores1:58
12.Pitillos2:43
13.O que hai a man4:26
14.Código de boas prácticas1:12
15.Xente que busca aparcamento3:14
16.Saudade sempre11:28
Credits
released April 25, 2024

Gravado nas Fraguas salvo algunhas cousas en Casas da Veiga, Almeiras e quen sabe onde máis con tanta cousa como hai aquí.

Deseño de Camila Viéitez.
Fotografías de Mar Catarina.

Editado por Caracol Negro, Interruptor e Prenom.
As cintas gravounas Interruptor.

Usei bastantes obxectos e ferramentas: o Reaper (que me recomendou Mack Paramo), a caixa de ritmos virtual “Pattern Sketch”, o separador de pistas LALAL.AI que me pasou Samuel, a guitarra española que me regalaron Meri, Elba e Elvira, o acordeón de xoguete que me regalou Elba, o güiro que me regalou Gael, o teclado que me prestou Teo, o sinte que tocaba Meri en Esposa e cousas que había pola casa ou a casa da avoa Delfina: un bote de arroz, unha cunca tocada cun bolígrafo, un cacho de polispán, libros, un rastrillo, unha pá, unha fouce… e en xeral golpes no chan ou contra partes do corpo.

“Agradecido” arrinca cun sample de Samora Machel quitado do filme ‘Kuxa Kanema: O nascimento do cinema’ (Margarita Cardoso, 2003), que descubrín no Cineclube de Compostela. E fai referencia a “Agradecido”, de Rosendo (do disco ‘Loco por incordiar’, de 1985).

En “A idade estúpida” Xacobe fai un solo de guitarra que me enviou por internet. Hai tamén un sample do tema “Berlingo”, de Bazongo (do disco Bazongo, de 2019) e outro de “Señora” de Rocío Jurado (dela cantando a capella nun programa de Canal Sur). A idea dese sample saqueina dunha sesión de Teresa Ferreiro, e na letra hai ideas ou frases de “Burning Lights”, de Joe Strummer (que canta na peli de Aki Kaurismaki ‘Contratei un asasino a soldo’, de 1990) e de “sempre” de Bratzantifa. Despois de ter feito este tema si que rompeu a caldeira e saquei o carné.

En “793” Toni Colombo toca o baixo e fai coros.

En “Teño o síndrome do inspector” hai baterías de Esco Cromer e congas de Raymond Green (sacadas de “Zimba Ku”, do disco de Black Heat ‘Keep On Runnin’ de 1975) e do baterista, de nome descoñecido, de The Honey Drippers, no tema “Impeach the President” (1973). Tamén hai voces de Tom Zé, Eloa, Vera, Sidney e Roberto, no tema “Ui! (Voçê inventa)”, do disco de Tom Zé ‘Estudando o samba’ (1976). Ah, e tamén un sample da pandeirada da Xunta de Galicia.

En “Un momento” hai un audio de Carlos ao inicio.

En “O mundo do motor” hai un sample do vídeo de YouTube “Opel Kadett E GT - Acceleration 0-140km/h”, de Stanislav Stanchev. Na letra hai unha referencia a “Jardim de infância”, de Emilio José (da mixtape ‘Nativos digitais’ de 2017). Vai dedicada a todas as persoas que me levaron en coche.

“Canción para Esposa” ía ser (e podería acabar sendo) unha canción de Esposa, e nela hai voces de Mar, Xacobe e Meri. Na letra hai unha frase de “History Lesson Part II” dos Minutemen (do disco ‘Double Nickles on the Dime’, 1984).

En “Turismo de Galicia” hai samples de “Recordando a Galicia” de Ana Kiro (do LP do mesmo título de 1976), do anuncio de Gadis protagonizado por Benedicta Sánchez, do filme ‘Lúa vermella’ de Lois Patiño (2020) e de “Jei” dos Resentidos (do LP do mesmo título de 1990). Na letra hai frases recicladas de cancións de Zara e ideas collidas duns correos electrónicos que me enviou Teo.

O título de “Catro anos máis” está copiado a Travesti Afgano. O riff de teclado era inicialmente un intento de tocar “Mesopotamia” de Franco Battiato (do disco ‘Fisiognomica’, 1988). Meri deu a idea do sinte que sube ao final.

En “Neno” o ritmo está inspirado por “Mula”, de Peña (do disco ‘Carreiro’, 2021).

“Flores” é unha versión da canción preciosa do mesmo título de Lamprea Explosiva, do disco ‘Novo feixismo libertario’. O saxo está sacado de “felicidade”, do disco ‘Ilhas Virgens’ de Emilio José (202 016), e o acople do inicio de “Mentira” de Lamprea Explosiva (2020). A melodía do teclado está bastante roubada de “Roadrunner” dos Modern Lovers (do disco The Modern Lovers, 1976).

“Pitillos” recicla parte da letra dunha canción de Zara. Inclúe baterías de Maureen Tucker (na canción de The Velvet Underground “All Tomorrow’s Parties”, de ‘The Velvet Underground and Nico’, 1967) e Ringo Starr (na canción dos Beatles “Rain”, 1966). Seguramente tamén entra algo de viola de John Cale da canción da Velvet. Ao final soa a voz de Roger Daltrey (na canción de The Who “Little Billy”, tirada do LP ‘Odds and Sods’, 1974).

“O que hai a man” cantámola Meri mais eu. A batería está sampleada da canle de youtube prod.dailydailydaily, excepto un fill que hai polo medio, que é o do inicio de “Young Americans” de David Bowie (do disco do mesmo título de 1975), onde a batería a toca Andy Newmark e o piano Mike Garson. Os ventos están sampleados de “Got to Get You Into My Life” dos Beatles, do disco ‘Revolver’ (1966).

En “Código de boas prácticas” a batería tócaa Georgia Hubley e está sampleada de “Moby Octopad” de Yo La Tengo (do disco ‘I Can Hear the Heart Beating as One’, 1997). Hai tamén un sample de “Kiss” de Prince (do disco ‘Parade’, 1986), de “Me conformo”, de Marisol (do filme ‘La nueva Cenicienta’, 1964) e de “Je ne t’aime plus” de Manu Chao (do disco ‘Clandestino’, 1999)

En “Xente que busca aparcamento” hai unha frase de ‘Iznogud’, de René Goscinny e Jean Tabary, que penso que recordo oírlle a Choche. Tamén unha referencia a “Volando voy”, de Kiko Veneno, e un sample dunha pandeireta que tocou Elba.

“Saudade sempre” ten voces de Nuria, Camila, Xiana, Ánxela, Olaia, Mar, Olalla, Hugo, Meri, Elba e Sara, e ese uso dos audios está inspirado por Notorious Big Data. Hai tamén samples da versión de “Ohm” de Yo La Tengo que fixemos Esposa (na que Lucía Colombo toca a maraca) e de “Saludos” de Ana Kiro (do LP ‘A miña aldea’, 1979). Despois hai moitos anacos de cancións domésticas, por chamalas dalgunha maneira: unha versión caseira de “Não Quero Dinheiro (Só Quero Amar)” de Tim Maia nas Fraguas con Marga, Nuria, Sara, Carlos, Marina e Marta. Unha improvisación ao piano nas Xubias con Hugo e Marga. “Brad y yo” con Isaura, Camila, Meri, Mar e Rubén na Ventosela. “Xeneral da Ulla” con Julio, Lois, Samuel, Miguel e Ales (Ataque Escampe) na Susana. “Trabajo y duermo” con Toni, Xacobe e Teo (Monstruo) na Susana. “Saudade sempre” son eu só nas Fraguas. Unha canción sen título con Mar nas Fraguas. “Himno de Andrea” con Meri nas Fraguas (e cun sample de ‘Dragon Ball’ de Akira Toriyama). “Ola Sara” con Meri, Rubén, Sara e Mar por Internet. “Relés” con Teo, Toni e Sara (Zara) na Susana. “Prea fea” con Sara e Clara na Susana. “Basilisa” con Anaid, Druso e as súas familias en Trasalba. “Ventosela” con Isaura, Camila, Meri, Mar e Rubén na Ventosela. Outra canción sen título con Rubén, Mar e Meri en Comeglians. E despois hai un fragmento dun programa de Radio Braña con Esturao e Choche na Braña.
LicenseCC BY-NC-SA 3.0. See the Creative Commons website for details.
Tags
Recommendations