🔗 ⚙️

Mula from Carreiro by Peña

Tracklist
7.Mula3:56
Lyrics

onte fun pedir traballo e déronme unha etiqueta
onte fun pedir traballo e déronme unha etiqueta
eu que quero traballar e tratáronme de maleta

hanme pagar unha esmola pero eu quero ser obreiro
hanme pagar unha esmola pero eu quero ser obreiro
non quero vivir das sobras do señor que é un mentireiro

primeiro hai que sacar ticket e despois ir para a mesa
primeiro hai que sacar ticket e despois ir para a mesa
cando esfameas por ti mellor que non teñas présa

cando o señor se fai grande xunta moito e acumula
cando o señor se fai grande xunta moito e acumula
para levar tanto carto faille falta algunha mula
para levar tanto carto faille falta algunha mula

cando se apagan as luces na soidade da habitación
o teu corpo e o meu corpo, a noite, a lúa e o sol
nesta cova de pladur onde foi morrer o tempo, estamos sós

deixa a persiana subida para que nos lamba o sol
mañá ha de ser outro día, o mañá que non chegou
pero os cantares son nosos, cantaremos no solpor

Credits
from Carreiro, released April 23, 2021
LicenseCC BY-NC-SA 3.0. See the Creative Commons website for details.
Tags
Recommendations