🔗 ⚙️

Balar from Pranto by Pantis

Tracklist
6.Balar5:19
Lyrics

Perdemos a pista
no mar que se escapaba no horizonte

Cando olhei á beira
só había escuma absorvendo
todas as escuras estradas
que nos silenciaron na noite

Vimos os cumios xeados
a terra e a xinxa
os caminhos que non se debuxan
e se perden ao seu paso,
os escenario fantasmas
nos cruces espidos dos ríos,
que caben en pequenos buratos,
que mexen as siluetas cansadas

Vimos as canteiras de aves
durmidas no ceo,
os cristais frotados nos beizos,
as paredes que se arrastran
desenfocando a noite,

E paramos despois das tebras
apagamos na penumbra o pasado
e entre o fume agardamos
calqueira choiva que nos fixera
recuperar a memoria

Na gravidade do tempo borrado
mentras se acaba a fala,
como xuntaremos os rastros
en todos os mapas?

Credits
from Pranto, released February 24, 2016
LicenseCC BY-NC-SA 3.0. See the Creative Commons website for details.
Tags
Recommendations