🔗 ⚙️

Pelea from II by Grande Amore

Tracklist
4.Pelea2:51
Videos
Lyrics

____
Desta mierda nunca me falaron.
Naide ten piso, naide ten traballo.
Naide ten moi claro se ten que marchar e eu, aquí tirado,
jodido e pensando que ningún traballo merece a pena de buscar un traballo que mereza a pena.
Por que durmo sempre co coitelo nos dentes?
Por que todo ten que ser así, unha pelea?

As casas tan cheas de xente chorando, e os que piden, pedindo.
E os cantantes, cantando.
Falando dun amor que nunca sentiron.
Todos moi guapos, todos moi listos.
Pero naide ten piso, naide ten traballo, e dentro de nada vamos ter trinta anos.

Por que todo é de broma mentres todo é cada vez máis caro?
Non quero ser pobre nin quero ser rico.
Parece mentira todas as movidas coas que hai que pelarse todos os días,
namais que pa poder seguir aquí, peleando con cen mil movidas. Queren que faiga cancións máis bonitas,
cando eu moitos días, o único que quero é pelea.

Credits
from II, track released March 9, 2023
LicenseCC BY-NC-SA 3.0. See the Creative Commons website for details.
Tags
Recommendations