🔗 ⚙️

Neptuno by Zavala

Tracklist
1.Zavala - Neptuno2:58
Lyrics

Tal como o recordaba cando non existía
morría pola mañá, vivía a noite de día,
con dúas lúas prendía, aló no alto ardía.
Sopraba a vela a escondidas
e tiraba a chave cando non vía.
Unha vez me dixo: oes! Este barco vai á deriva!
Despois de todo non estamos todos,
Foron marchando os que prometían,
Para sempre, ata sempre, mentira!
Corta o pelo, madura
Gaña cartos, madura
Ten un neno, madura
Ti madura pero non me digas
Que o teu e o meu non era unha puta locura!
Condesa de Cligmanot
A arte seduce aos tolos,
Saber perder é un luxo ao alcance só duns poucos
E hoxe xa son outra sen deixar de ser quen era
E andaba pensando que todo sucede sempre da mesma maneira.
Ás veces pasa e te jodes,
ás veces pasa e te jodes,
ás veces pasa e te jodes.
Pero te levantas e segues adiante
porque non queda neste mundo mutante
máis sombra da que gardas ti cando todo se rompe.
Neptuno
Debaixo do océano hai un tuno,
“el que tuvo, tuvo” i eu destrúo
Aquí agora, neste momento o teu mundo,
Cunha soa palabra: AMOR
Se lle das a volta non é ROMA, é MORA,
E non é que sexa republicana
É que non soporto ás raíñas cunha puta coroa!
E ata arriba de todo busquei,
E ata arriba de todo busquei,
E me dixeron “perra, que fas en Chueca buscando aldeas?”
E a min me chaman atea
E a min me chaman vermella
Que te quedas sen bandeira de tanto saltar a lumeira.
Pola tanxente, xente de frente,
O crente Jorge Buxadé é un tente,
Un decépticom transformado en lego aniversario,
Un xoguete que racha as horas cando xa estás enganado.
Para cando te das conta levantan todos o brazo.
E vas a votar e te jodes,
e non vas a votar e te jodes,
e volves a votar a te jodes.
A causa-efecto funciona sempre como por rebote,
June está en Gilead,
Dentro de pouco ti e máis eu
E Optimus Prime con bigote! (con bigote x2)

Credits
released March 7, 2025
Edita Ferror Records. FR-0146.

Videclip por Carlos Castro "Kos":

www.youtube.com/watch?v=7qIhRHCiTxo
LicenseAll rights reserved.
Tags
Recommendations