alalás from Mezturas by Darío Daniel Díaz
Tracklist
| 1. | alalás | 3:25 |
Lyrics
Río de augas nunca quedas,
cantaruxiño Furelos,
dille ao mar como se cantan
alalás aquí en Barcelo.
Vexo O Faro, vexo O Faro,
tamén vexo O Furelos.
Tamén vexo O Pico Sacro
e, ademais, vexo O Bocelo.
Pra Cardeiro hei de ire,
anque me poñan cancelas.
Anque se me pase o tempo,
en abrir e cerrar nelas.
Adeus, moreniña,
non te volvo a ver,
que vou de soldado,
non sei se hei volver.
Credits
from Mezturas,
released January 27, 2025








